Hoxe é Luns 7 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Festival de Títeres arranca a súa XXII edición colgando o cartel de completo

titeres31

O certame de monicreques vendeu a totalidade das entradas tanto para os espectáculos de rúa como de sala nos días previos ao inicio dun festival que se desenvolverá do 1 ao 5 de setembro en Redondela. Os que non conten con entrada poderán gozar na fin de semana dun completo programa de actividades itinerantes e dúas intervencións urbanas das que poderemos participar completamente de balde.

“A xente necesita compartir e disfrutar dos espectáculos dos títeres” así o entende o director do Festival, Luis Crespo, quen explica que xa non hai posibilidade de facerse con entradas para os espectáculos que arrancan mañá mesmo coa Compañía de Larraitz Urruzola, quen abre o telón na sala cunha obra sobre a vida de Concepción Arenal.

Luis Crespo, director do Festival

No sábado e domingo, ademais dos espectáculos en carpa, con entradas esgotadas, haberá unha importante proposta de espectáculos itinerantes para os que non fará falla entrada, e que queren facer unha referencia o Ave Fenix e a ese rexurdir tan necesario nestes intres, a cargo das compañías Les grande Personnes (Francia), Opakar (Cataluña), EducaTeatro (Galicia) ou Paporrubio (Galicia). Os espectadores están convidados a participar vindo disfrazados do animal alado que prefiran e acompañar sempre con distancia social.

Participar das actividades itinerantes

Unha forte presenza de bandas musicais darán a estes percorridos unha espiritualidade disvertida e segura. Estarán bandas coma The Turres Band, The Dixie Kings, ou a Fanfarria Taquikardia.

Actividades complementarias

Ademais da programación ao vivo, xa se pode desfrutar da Exposicion 35 anos de Cachirulo Títeres” nos escaparates de Kiosko Mariona, Pasteleria Filo, Fotografia e Audiovisual Cal-3, Copy Redondela, DiscoTasca, AgroRedondela, Tien-21 e Barbería Juan Crespo. O sábado e domingo haberá tamén unha instalación na Praza do Concello titulada Retablos mecánicos” da Compañía Peus de Porc de Cataluña.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará