Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Caen os positivos Covid en Redondela logo dun mes superando os 200 casos

redondela está en restricións altas

A Consellería de Sanidade comunicaba hoxe o número de positivos en coronavirus: 191, unha cifra que nos mantén nunha incidencia alta pero que supón un respiro despois de case un mes sen baixar da barreira dos 200 casos. De feito, a semana pasada a cifra de positivos situábase en torno aos 250 contaxiados, e chegáronse a contabilizar 265 persoas infectadas.

A tendencia dos últimos días apunta a unha lixeira melloría en canto ao número de casos, malia que polo de agora a incidencia acumulada mantense pro riba dos 500 polo que o noso municpio continúa no nivel alto de restricións.

Cribado en Soutomaior

Con 29 casos diagnosticados a situación mellora en Soutomaior onde se constata tamén un descenso constante nos últimos días. Con todo, este concello acollerá un novo cribado masivo dirixido á poboación de entre 14 e 29 anos que se levará a cabo o venres día 27 de agosto en horario de mañá e de tarde (de 9,00 a 14,00 h e de 15,30 a 20,00 H.) no Multiusos de Arcade.

Segundo calcula o Sergas, serán convocadas 750 persoas con Tarxeta Sanitaria activa no Concello de Soutomaior.

As persoas seleccionadas para participar no cribado serán convocadas vía SMS ao número asociado á súa tarxeta sanitaria, no que recibirán o día e a hora á que terán que acudir ao Multiusos de Arcade para realizar a PCR.

Desde o Concello de Soutomaior instan aos convocados a acudir aos cribados para detectar todos os positivos posibles e cortar así cadeas de transmisión do coronavirus

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará