Hoxe é Luns 14 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Kaiak en familia na enseada de San Simón

kaiak en San Simón

Logo do éxito de anteriores saídas, a concellería de Medio Ambiente ofrece esta fin de semana unha nova ruta en kaiak, unha actividade educativo-ambiental para gozar da enseada de San Simón. A saída será o domingo día 29 desde o porto de Cesantes. O prezo da actividade, bonificada pola concellería de Medio Ambiente, é de 15 euros. Poden informarse no enderezo electrónico turismo@redondela.gal ou no teléfono 986 40 17 13.

Remar ata unha batea e comprobar toda a vida que acubillan as súas cordas, achegarse ao illote das Corveiras ou saudar de preto ao Capitán Nemo. Todo isto e moito máis poderán vivilo os participantes desta actividade que se desenvolverá ne horario de mañá de 10:00 a 14:00 horas. A saída está especialmente recomendada para as familias, xa que nenos e adultos “poden compartir unha mañá de ocio e educación ambiental”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará