Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O gromo detectado no Centro de Discapacitados de Chapela contabiliza 47 contaxios e dispara os positivos en Redondela

Centros de discapacitados de Chapela

Redondela contabiliza 246 positivos, cifra que podería aumentar aínda máis xa que non se descartan novos positivos entre o persoal e os usuarios do Centro de atención a personas con discapacidades psíquicas de Chapela, no que un gromo deixa xa 47 contaxios. Con todo, e segundo explica a alcaldesa, Digna Rivas, o 90% dos afectados son asintomáticos e o resto presentan síntomas leves xa que tiñan recibido a pauta completa de vacinación.

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela

Así llo trasladou o propio director do Centro con quen mantén un contacto continuo para coñecer como evoluciona a situación. Neste sentido lamenta Rivas que dende a Consellería de Sanidade non se poñan en contacto con ela cando se producen este tipo de gromos “unha falta de comunicación que non entendemos porque dificulta que poidamos traballar conxuntamente, polo que pedimos que se corrixa”.

Solicita que se mellore a comunicación

Uns positivos que fixeron aumentar notablemente os número de contaxios contabilizados en Redondela, que ascende a 246 nun concello que xa se atopa en nivel alto de restricións.

Redución ocupación na hostalaría

Uns datos que se coñecen no día en que entra en vigor a redución nas ocupacións tras a anulación do certificado covid e que afecta aos concellos que están e nivel alto nos que a ocupación no interior dos locais non poderá superar o 30%. Limitación do 30% tamén no lecer nocturno

Como xa se avanzou a última hora do venres, e tras non avalar o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) a solicitude do certificado covid nos locais de hostalaría, as novas ocupación que se aplicarán a partir de hoxe martes implican o peche no interior en nivel máximo (agora ningún concello unha vez que o Grove abandonou esa situación). A redución de ocupación aplicarase nos establecementos hostaleiros dos 55 concellos que agora mesmo están no nivel alto de incidencia entre eles o de Redondela e Soutomaior. Mentras funcionou a esixencia do certificado covid podían ocupar o 50 por cento dos interiores dos locais. A partir deste martes a ocupación limítase ao 30 por cento.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará