Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Cruz Vermella percorre as parroquias con obradoiros para a promoción da saúde

Cruz Vermella Redondela

A primeira das actividades será este martes 17 en horario de 16:30 horas a 17:30 no Centro Cultural de Cabeiro. O obxectivo é ir percorrendo o territorio para poder achegarse ao maior número de veciños e veciñas. Unha actividade de balde na que se poden inscribir na sede da Cruz Vermella de Redondela nos baixos da Casa da Cultura ou no teléfono 986 325 600.

Baixo o título “Procurando saúde” arranca hoxe este ciclo de charlas nas que a través de sesión individuais e grupais falarase de saúde, benestar e calidade de vida. Durante as sesións tamén se abordarán cuestión como a xestión do estrés, a autoestima e o autocoñecemento.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará