Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER e o PP reúnense para buscar solucións ao “bloqueo” do goberno local

dav

A Agrupación de Electores de Redondela e o PP mantiveron unha xuntanza esta semana “para achegar posturas e buscar solucións no bloqueo do goberno redondelán”, segundo apunta AER. A Agrupación, que forma parte do goberno bipartito co PSOE, trasladoulle aos populares que se “Digna Rivas non dimite, valoramos todas as opcións”. Cualifican de “autoritario” o comportamento de Rivas, e afirman estar dispostos “a dar os pasos necesarios para promover un goberno alternativo”.

Desde o PP sinalan que a reunión foi “cordial”, pero advirten que non van participar en “elucubracións” ata que non se resolva a crise de goberno. Os membros de ambas as formacións analizaron o funcionamento dos servizos municipais, que cualificaron de “deficiente”. Carmen Amoedo, voceira do principal partido da oposición, mostrou a súa completa disposición a seguir falando con todos os grupos municipais “pero unha vez que se coñeza publicamente quen forma parte do goberno, e quen da oposición”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará