Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Policía Local incorpora catro auxiliares e avanza no acordo con Interior

Policía Local de Redondela

A concellería de Interior e Seguridade acaba de reforzar o cadro de persoal da Policía Local con catro novos auxiliares, que xa comezaron a traballar a pasada semana. A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, que dirixe este departamento desde a dimisión de Marta Alonso, explica que solicitou este reforzo “no mesmo momento en que asumín as competencias de Seguridade”. Estes auxiliares completan o cadro de persoal da policía e axudarán a cubrir as vacacións de verán dos axentes. O obxectivo, explica Rivas, é cubrir as necesidades do municipio e que non se repitan circunstancias como as de días pasados en que o servizo quedou sen persoal “o que non se poden volver a repetir”. En todo caso, a alcaldesa subliñou que esa “circunstancia extraordinaria” viu dada por baixas laborais de ultima hora.

Digna Rivas, alcaldesa e responsable de Interior e Seguridade

Mesa de Negociación

Rivas informou tamén que chegaron a un principio de acordo, plasmado nun borrado, co que se da resposta ás “lexítimas reivindicacións” do colectivo policial no que fai referencia á compensacións por nocturnidade e festividades “algo que veñen reclamando dende hai anos sen obter unha solución”. Rivas recoñece que se trata dunhas negociacións complexas logo de varias reunións a través do Comité de Empresa e a Mesa de Negociación, que afectan tamén ao resto de funcionariado do Concello. Nese sentido a alcaldesa e concelleira de Seguridade adiantou que, en colaboración co xefe da Policía Local elaboráronse cadrantes semestrais “nos que se recollan todas as posibles incidencias que se poidan dar e que, polo tanto, permitan que o servizo estea sempre atendido”.

O principio de acordo plasmouse nun borrador que recolle as reivindicacións do corpo policial

O borrador presentouse o pasado venres ao Comité de Empresa, nesta semana será levado á Mesa de Negociación logo dos informes técnicos necesarios, xa que algunhas cuestións repercuten tamén no resto do funcionariado.

O sindicato CSIF denuncia “desinterese” por chegar a acordos

Malia o principio de acordo co colectivo policial, o sindicato CSIF, maioritario no Concello de Redondela, denuncia o “desinterese” do goberno local por solucionar os problemas dos traballadores municipais. Poxen como exemplo o caso de maquinaria municipal pendente de homologar “e que tiveron que presionar para que se precintase”. Apuntan tamén fontes sindicais o que tras unha sentenza xudicial o Concello “optase por indemnizar a unha traballadora cualificada como indefinida, en lugar de readmitila”. Tamén denuncian que non se cren postos adaptados para persoas con problemas de saúde, que non poden estar no seu posto habitual, e citan o caso dunha traballadora “que leva un ano agardando para reincorporarse”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará