Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Digna Rivas: “Non vou dimitir, sigo traballando pola veciñanza”

sdr

A alcaldesa de Redondela, a socialista Digna Rivas, non asume a petición dos socios de AER, que demandan a súa dimisión para manter o pacto de goberno. A rexedora afirma que se debe “aos veciños e veciñas” e que seguirá traballando polo ben da cidadanía. A petición da Agrupación de Electores chega despois de que a pasada semana Rivas retirase ao concelleiro de Medio Ambiente as competencias na limpeza de praias, que agora asume o edil socialista Ignacio González. Rivas xustifica esta decisión “polo dereito que teñen os veciños a gozar dunhas praias limpas nos meses de verán”. Foi a diferenza de criterios en como afrontar a xestión das algas dos areais o que levou a esta crise de goberno. Rivas afirma que asumiu a súa responsabilidade “polas reiteradas queixas dos bañistas ante a acumulación de algas na praia”. Fíxoo, asegura, logo de advertir en varias ocasións ao concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar, “de que as praias tiñan que estar limpas”.

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela

En como pode afectar esta decisión ao futuro do pacto de goberno, Rivas rexeita entrar en “polémicas”. Asegura que non vai dimitir e que non se arrepinte da súa decisión “porque a limpeza das praias hai que facela si ou si”, afirma a alcaldesa.

A rexedora asegura que non se arrepinte da decisión que tomou e que non vai dimitir e que segue

O grupo socialista é partidario da limpeza das algas que se acumulan na praia, e que xa foron retiradas esta pasada fin de semana coa axuda de maquinaria da Deputación. O concelleiro de AER Roberto Villar apostaba por segundo ano por unha limpeza “menos agresiva e máis respectuosa co ecosistema”, polo que consideran que a retirada desta competencia por parte da alcaldesa é “unha ruptura unilateral do pacto de goberno”. Advirten que se pode perder unha subvención de case 200.000 euros do Ministerio de Transición Ecolóxica presentada polo Concello, a Universidade de Vigo e a Confraría de Pescadores de Redondela. Rivas resta importancia a esta cuestión, sinala que non tiña información previa sobre esa solicitude, e que en todo caso é un anteproxecto que abrangue de xaneiro a agosto “polo que será o Ministerio o que decida se a concede ou non”.

Reconducir a situación

Co gallo de analizar a situación do goberno local ambos socios celebraron unha xuntanza na que participaron concelleiros socialistas e de AER, ademais de membros das dúas formacións políticas. A executiva local do PSOE amosou o seu “apoio total” á alcaldesa na decisión de retirar as competencias da limpeza de praias a AER e retirar as algas “polo clamor popular”. O secretario do PSOE local, Leonardo Cabaleiro, sinala que “debe atoparse un equilibrio entre o medio ambiente e o disfrute dos areais por parte da veciñanza”. Sinala que o partido socialista está disposto “a dialogar e revisar o pacto de goberno para que os socios se sintan cómodos” pero rexeita a saída de Rivas da alcaldía.

Leonardo Cabaleiro, secretario do PSOE redondelán

A xuntanza entre os dous grupos, que se prolongou durante tres horas, non deu ningún froito. Desde AER cualifican a xuntanza decepcionante». Nun comunicado, a Agrupación de Electores asegura “que non retira a solicitude de dimisión de Digna Rivas”, e que polo de agora esperarán á reunión da executiva do PSOE, que podería celebrarse o venres, por se deciden devolver as competencias de Medio Ambiente a Villar. En todo caso non garanten que unha decisión favorable “sexa suficiente para repoñer a confianza non grupo socialista”, sinalan no comunicado.

Desde o partido socialista son máis optimistas, Cabaleiro confía en reconducir a situación “porque sempre houbo un bo clima entre os socios de goberno”. Apunta que non se trata dunha cuestión “como para romper un pacto de goberno que ten unha ruta fixada para o benestar da cidadanía de Redondela”.

O partido socialista confía en reconducir a situación con AER polo benestar da cidadanía

Os socialistas, con Digna Rivas como alcaldesa, contan con sete edís na corporación. A investidura foi posible en 2019 grazas aos tres votos de AER, actuais socios de goberno, máis os dous do BNG. O partido máis votado foi o PP, con nove concelleiros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará