Hoxe é Luns 7 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Gratuidade da AP9 Redondela-Vigo: en agosto e con telepeaxe

Peaxe

O Consello de Ministros deu onte luz verde ao gasto de 2.300 millóns de euros para rebaixar as peaxes da autoestrada ata que remate a concesión en 2048. Os descontos inclúen a gratuidade no tramo entre Redondela e Vigo, tal como estaba comprometido por parte do Ministerio de Transporte hai anos. O Goberno prevé que estas bonificacións se apliquen a partir de agosto. Os descontos aplicaranse aos turismos que utilicen a telepeaxe como medio de pago, unha tecnoloxía que permite abonalo sen necesidade de deter o seu vehículo e para o que se precisa ter un dispositivo instalado denominado OBE. O desconto será do 100% no tramo entre Redondela e Vigo. No resto da AP-9 será gratuíta a viaxe de volta se se realiza no prazo máximo de 24 horas calquera día do ano, sempre que o traxecto de retorno sexa o mesmo que o da ida en sentido contrario. Haberá ademais unha bonificación adicional do 50% do percorrido de ida no tramo Vigo-Tui. Tamén haberá unha rebaixa do 20% da peaxe en todos os percorridos realizados nun mes para aqueles vehículos que realicen máis de 20 viaxes mensuais.

Descontos para camións

Os vehículos pesados poderán beneficiarse dos descontos sen ter a obriga de utilizar a telepeaxe. A rebaixa para eles será do 20% en todos os percorridos, haberá gratuidade no tramo Redondela-Vigo e as bonificacións aplicaranse sen ningún tipo de condicións. Os descontos para vehículos pesados serán todos o día do ano e para calquera sistema de pago.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará