Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cortegoso, un veterano baixo os paus do CD Choco

CORTEGOSO

O xogador sumará a súa tempada décimo terceira campaña no club redondelán, logo de asinar a súa renovación. O xogador afróntaa “coma se fose a primeira” coa ilusión de defender un ano máis a portaría choqueira. A renovación foi unha decisión “fácil de tomar, o CD Choco é a miña casa” sinala o porteiro. A entidade deportiva, pola súa banda, manifesta que non tiñan dúbida en querer seguir contando con Cortegoso por ser un xogador “que aposta polo club, de feito leva trece anos facéndoo, e porque é unha persoa que valora o escudo”. A súa experiencia aválao, con máis de 400 partidos disputados o gardameta foi considerado o mellor xogador da categoría en moitas tempadas.

Despedida de Fran Monroy

Chegou no mercado de inverno e catro meses bastáronlle para darse conta que “xogar no Choco foi a mellor decisión que puiden tomar na miña carreira deportiva”. Custoulle decidirse pero ao final optou por poñer rumbo a Bélxica. Iso si, deixa as portas abertas no club redondelán “oxalá volva darse esa oportunidade”. O xa ex xogador choqueiro asegura que só ten “palabras de agradecemento para toda a xente do club que me abriu as portas e en pouco tempo xa me sentín parte desta gran familia”. Desde o club redondelán amosan tamén o seu agradecemento ao xogador polos servizos prestados e deséxanlle “a mellor das sortes tanto no plano persoal como profesional”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará