Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A instalación dun ascensor mellorará a accesibilidade na Praza de Abastos de Redondela

PrazaAbastos

Esta semana comezarán as obras de instalación dun ascensor no mercado municipal, o que permitirá cumprir coa normativa de accesibilidade en edificios públicos. A Concellería de Feiras e Mercados, que dirixe Vicente Lamas, adxudicou as obras á empresa Ocisat, S.L. por un importe de 44.000 euros. Os traballos contan cunha subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para proxectos de rehabilitación e reforma de mercados municipais, e están co financiados polos fondos europeos FEDER. O prazo estimado de realización das obras será de mes e medio, para que os traballos ocasionen as menores molestias tanto a vendedores coma a usuarios e usuarias.

Reunión cos praceiros para informar da reforma integral do mercado

Nos vindeiros días o goberno local manterá unha reunión cos vendedores da praza para darlles a coñecer o borrador do proxecto de reforma integral do edificio “para escoitar as suxestións que poidan realizar”. O obxectivo é converter a praza de abastos de Redondela “nun mercado moderno e competitivo que poña en valor o comercio de proximidade e sexa referencia de produtos de calidade”.

Tanto a alcaldesa Digna Rivas como a concelleira de Comercio, María Castro, fixeron fincapé na fonda transformación que está a darse nas prazas de abastos das vilas e cidades para converterse en espazos “non só de venda de produtos proximidade e calidade contrastada, senón como lugares de dinamización social que inflúan en toda a súa contorna, tal e como se está facendo neste tipo de infraestruturas ao abeiro das subvencións que, para estes proxectos, ofrece a Xunta de Galicia”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará