Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Festival Atlántica leva os contos de Avelino González a Arcade

avelinogonzalez-1140x570

Soutomaior será este ano una das sedes do certame de narrativa oral Festival Atlántica. O programa de actividades chega mañá xoves ao municipio, coa actuación de Avelino González no exterior do multiusos de Arcade, ás 20.30 horas. O actor e narrador ofrecerá unha sesión de contacontos orientada ao público familiar baixo o título “Parece mentira, pero…”. No espectáculo, dunha hora de duración, Avelino González reflexiona sobre o que lle dicía o seu veciño “Se che dixera a verdade, mentiría”. Así que recoñece que vai mentir, e moito!, contando cousas de xente que son mentira, e se o espectador atopa algo de verdade, “iso xa é cousa vosa”. A actuación é gratuíta e contará con aforamento limitado adaptado ás restricións sanitarias. O acceso producirase por orde de chegada, polo que non é necesario realizar inscrición previa.

O Festival Atlántica alcanza este ano a súa novena edición co obxectivo de chegar aos 435.000 asistentes. Para iso están programadas 82 funcións coa participación de 35 artistas chegados de Brasil, Portugal, Guinea e diferentes provincias españolas. Por primeira vez, debido ás restricións pola pandemia, o festival, que tradicionalmente se realizaba en marzo, trasládase á primeira quincena de xullo e ofrecerá as súas actuacións ao aire libre e con entrada gratuíta.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará