Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O deporte urbano consolídase en Redondela co Choquiño

Choquiño

Éxito de participación e de público na primeira edición do Choquiño Urban Jam. Máis de 140 mozos e mozas participaron nas catro modalidades do certame, e o público puido gozar dunha xornada de deporte, baile e música. O skatepark e as pistas deportivas da Marisma acolleron o evento coas disciplinas de BMX, skate, scooter e baloncesto 3×3. Os asistentes puideron tamén presenciar exhibicións de baile hip-hop e un concerto de rap. Desde a organización destacan o bo comportamento de participantes e público, cun total respecto ás medidas de seguridade polos protocolos Covid, co uso de máscara era obrigatorio e control de aforos. O concelleiro de Deportes, Nacho González, cualificou de “éxito total” esta primeira edición do Choquiño Urban Jam, que nace con afán de consolidarse como un dos referentes do deporte urbano na bisbarra.

Gañadores nas diferentes categorías

En Skate avanzado o gañador foi Manu Pazos, con Rubén Gallego e Marco Campo como 2º e 3º, respectivamente. Na mesma modalidade pero na categoría amateur, o 1º posto foi para Nicolás Rodríguez, con Xacobe Gil e Xabela García no 2º e 3º posto.

En BMX avanzado o primeiro posto foi para Álex Martínez, con Damián Hermelo en 2º posto e Jesús Costas, 3º. En BMX amateur o gañador foi Hugo Fermoselle, quedando en 2ª posición Ezequiel Martínez e Paula Otero como 3ª.

Na modalidade de Scooter avanzado impúxose Jose Canosa, mentres Rubén Couñago e Antonio García foron 2º e 3º, respectivamente. En Scooter amateur impúxose Cristian Veloso, con Hugo Fermoselle en 2º lugar e Daniel Castro rematou 3º.

En baloncesto 3×3 os primeiros clasificados foron o equipo “Dunkosta Airlines”, en 2ª posición rematou o grupo “Os calderetas” e o 3º foi “Fisiomiño”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará