Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

MercaNaCasa promove o comercio local na rede

MercaNaCasa

Apoiar ao comercio local, darlle visibilidade e contribuír á súa dinamización aproveitando toda a potencialidade das novas tecnoloxías, son algúns dos obxectivos que busca a páxina web mercanacasa.redondela.gal, posta en marcha pola concellería de Comercio. A responsable da área, María Castro, explica que con esta páxina queren ofrecer “unha vía de entrada, accesible e sinxela, do comercio tradicional ao cada vez máis potente mundo dixital”. Á páxina está adaptada a calquera dispositivo con conexión a internet (ordenador, tableta ou teléfono) e a través de menús sinxelos e intuitivos, a veciñanza pode acceder a un completo directorio do comercio. A escolla pode facerse por sectores ou buscar o establecemento desexado polo seu nome. Unha vez localizado, MercaNaCasa ofrece un vídeo de presentación do establecemento e ampla información sobre a súa localización, horarios, teléfono ou correo electrónico. Castro explica que deste xeito tratan de poñer ao alcance do comercio de proximidade “ unha ferramenta que lles permite aproveitar todas as vantaxes que ofrece hoxe en día a información en liña”.

Os establecementos adheridos recibirán bolsas de papel e distintivos para colocar na porta e que os distinga como negocios adheridos a MercaNaCasa. A páxina, á que cada día se van engadindo novos establecementos, engádese a outras iniciativas de apoio ao comercio local postas en marcha desde o Concello, como as axudas directas para paliar os efectos da crise provocada pola pandemia ou iniciativas de promoción e apoio ás campañas do comercio local. MercaNaCasa conta con fondos europeos FEDER ao abeiro do programa “Redondela 2020”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará