Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CCD Cesantes-Rodavigo busca remeiras

CCDcesantesFeminino

O club de remo do CCD Cesantes acaba de comezar a temporada na Liga Galega A. A tripulación masculina, recén ascendida á máxima categoría do remo galego, busca afianzarse na competición. Pero o soño do club é poder competir tamén na categoría feminina. En setembro do ano pasado un grupo de mulleres de entre 21 e 44 anos comezaron a adestrar, e agora buscan máis compañeiras que queiran sumarse a este proxecto. Fany Castro e Ana Hermida explican que o único requisito é “ter gañas” e animan a mozas e mulleres de calquera idade a achegarse ao club e probar “sen ningún compromiso”. Saben que o remo ten fama de ser fama de ser un deporte duro, pero elas quítanlle ferro ao asunto. Aseguran que o verán é a mellor época para comezar e practicar deporte ao aire libre.

Fany Castro e Ana Hermida explican que o único requisito é “ter gañas de facer deporte e divertirse”

O obxectivo do club é recuperar a traiñeira feminina coa que hai anos contou o club de Cesantes “e que un deporte tan tradicional na parroquia como o remo non se perda”. Non é necesario ningún requisito nin condición física para comezar, xa que a maioría das actuais integrantes carecían de experiencia previa. O máis importante é “ter gañas de facer deporte, divertirse e saír da rutina”.

O obxectivo é recuperar a traiñeira feminina coa que hai anos contou o club de Cesantes

Están abertas á participación de todas as que o desexen, que na categoría deben ter cumpridos os 18 anos e a partir de aí sen límite, “de 18 a 99 anos”, sinala Ana. No caso de rapazas máis novas no club tamén contan con equipos de categorías inferiores, polo que animan tamén ás mozas a iniciarse no mundo do remo. As interesadas poden informarse no teléfono 640.60.92.93, no correo electrónico ccdcesantes@gmail.com ou na web www.clubremocesantes.com.

Ana Hermida e Fany Castro visitaron Radio Redondela para falar do seu proxecto
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará