Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP denuncia que o atraso nos traballos de roza deixa camiños “intransitables”

rozasPP

O goberno local informou a comezos de mes da contratación de 11 persoas en situación de desemprego para realizar os traballos de roza e limpeza dos camiños municipais. O PP sinala que xa advertiron que esta contratación resultaba “insuficiente”, tendo en conta a falta de maquinaria axeitada “e a imposibilidade de facer todo o traballo necesario dado o estado dos camiños e beiravías do municipio”. A portavoz popular, Carmen Amoedo, explica que apuntaron a necesidade de reforzar este equipo con máis persoal e medios mecánicos, “algo que non se fixo malia dispoñer de orzamento”, lamenta. Os populares denuncian tamén que o atraso no inicio dos traballos “aumenta o risco de incendios e a dificultade de poder chegar a todos os lugares indicados polos veciños, a maioría próximos a casas, camiños e estradas”. Amoedo lembra que o goberno local dispón dunha partida de 100.000 euros reservada nos orzamentos para os traballos de roza nas parroquias “e a contratación non se fixo”. O grupo municipal do PP advirte que a falta de xestión do goberno local deixa moitas zonas do municipio nun estado de “total abandono”, e en lugares como Vilar “apareceron pragas de cascudas e ratas”. Culpan desta situación “á constante improvisación e falta de planificación” do goberno que preside Digna Rivas. Amoedo lembra que co anterior goberno do PP as rozas realizábanse ao longo de dous meses “para ter tempo de chegar a todos os lugares e licitábanse en lotes para garantir que os traballos se facían ao mesmo tempo en todas as parroquias”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará