Hoxe é Sábado 27 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Urbaser comprométese a buscar solucións ás 300 incidencias detectadas en Redondela

No verán durante varias xornadas festivas tamén quedaron colectores sen recoller

Nos últimos dous anos a concellería de Medio Ambiente de Redondela detectou ata 300 incumprimentos no servizo de Urbaser, a empresa concesionaria da recollida do lixo no municipio. As máis graves detectáronse nas parroquias, onde a empresa incumpre coa obriga de trasladar a outra xornada a recollida cando coincide nun días festivo. Isto provoca que nalgunhas zonas se acumule o lixo durante 4 ou 5 días. Tamén se denuncian deficiencias na recollida de enseres voluminosos, os horarios de retirada do lixo, ou na conservación e limpeza dos contenedores.

Roberto Villar, concelleiro de Medio Ambiente

O concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar, reuniuse onte en Valladolid co xefe de zona de Urbaser, Óscar Sanzo, para buscar solucións a estes incumprimentos da concesionaria do servizo de recollida de lixo. Na xuntanza, que se prolongou dúas horas, o representante da concesionaria comprometeuse a estudar en detalle e dar solución a estas incidencias rexistradas polo departamento entre os anos 2020 e 2021. Á reunión asistiron tamén o concelleiro de Transparencia e Participación Cidadá, Manuel Vila, e a técnico municipal de Medio Ambiente, Beatriz Rodríguez Paz. Ao término do encontro, Villar destacou o bo entendemento entre as partes e salientou que espera que a situación “dea un volco”. Villar sinala que a empresa levaba “moitos anos” sen someterse a ningún control, ata a entrada do novo goberno local.

Villar reuniuse onte en Valladolid co xefe de zona de Urbaser para buscar solucións a estes incumprimentos

O Concello de Redondela ten en marcha un proceso sancionador contra Urbaser por estes incumprimentos. O expediente de penalidades segue o seu curso, e está previsto que no mes de xullo se aprove no pleno a sanción correspondente.

O procedemento sancionador aberto en febreiro contra Urbaser segue o seu curso
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará