Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O remo redondelán presume de veteranos

RemoVeteranos

O CR Chapela proclamouse campión da Liga Galega de Traiñeiras de Veteranos, e o CCD Cesantes foi segundo. Nos dous clubs redondeláns militan remeiros que en moitas ocasións foron compañeiros, e a amizade une a ambas traiñeiras. O pasado domingo disputouse no Porto de Ares a II Bandeira de Traiñeiras Veteranas Concello de Ares, última regata da temporada. A embarcación de Chapela foi a gañadora, coa traíña de Cesantes en segundo lugar. As dúas embarcacións de Redondela superaron nesta liga de veteranos ás traiñeiras dos clubs de Tirán , Ares, Muros e Rianxo. Os “beretes” fixéronse co título, e a tripulación de Cesantes proclamouse subcampioa. Para Julio Prado, presidente do CR Chapela, estes veteranos son “todo un exemplo”. Levan moitos anos de remo ás súas costas, e a liga púxose moi emocionante este ano, coas dúas embarcacións locais pelexando polo título “ata a a última palada”.

Julio Prado, presidente do CR Chapela

A maioría dos remeiros de Chapela e Cesantes son vellos coñecidos e amigos, teñen compartido experiencias ao longo de toda a súa traxectoria deste deporte, e moitos foron compañeiros de traiñeira nalgún dos dous clubs, ou no desaparecido club San Simón. Todos levan décadas dedicados ao remo, e ademais de competir na categoría de veteranos a maioría seguen vinculados aos clubs nas directivas ou como adestradores das categorías inferiores.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará