Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior pasa a nivel medio de restricións

DAVID Arcade. Cribado. Iníciase pola tarde no peirao. Ten que haber dúas carpas. Repasamos de paso cumplimento de medidas (se hai terrazas e todo cerrado e moita ou pouca xente na rúa. Ponte de Ponte Sampaio incluída), lunes, 8 mar · 16:00–17:00

O incremento de casos no municipio veciño levou ao comité clínico que asesora á Xunta a elevar as restricións en Soutomaior, que sobe ao nivel medio desde o vindeiro sábado, 12 de xuño. Este cambio afecta especialmente á hostalaría, cunha rebaixa do aforo. A partir do sábado limítase a ocupación a un 30% no interior dos locais e un 50% en terraza. A escalada da incidencia levou ao Sergas a ordenar un novo cribado masivo no municipio, que se desenvolve ata mañá xoves no porto de Arcade. As probas son realizadas a persoas de entre 20 e 49 anos, que se citan mediante mensaxe de texto. O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, amosouse “preocupados pola incidencia que hai nos colexios” e fai un chamamento á veciñanza para que os que citados “sexan responsables e acudan a realizar a PCR”. Nos últimos 14 días Soutomaior rexistra 18 novos casos, cunha incidencia acumulada de 243 por cada cen mil habitantes. Redondela, ao igual que Vigo, Pazos de Borbén ou Fornelos seguen en nivel baixo. Redondela rexistrou nos últimos 14 días 20 novos casos, cunha incidencia acumulada de 68 por cada cen mil habitantes. En Pazos están por baixo dos 50 de incidencia acumulada, e en Fornelos non se rexistra ningún casos.

Ningún municipio galego en nivel máximo

A partir do sábado, día 12, ningún concello galego quedará en nivel máximo nin alto de restricións. No chanzo medio quedan cinco municipios, dous deles limítrofes con Redondela: Soutomaior e Mos. Os demais son Oroso, Viveiro e Xove.

Os horarios da hostalería mantéñense como ata o de agora, aberta ata 01:00 horas. Reunións de ata dez persoas non conviventes en exterior e seis en interior. E prohibidas as reunións de non desde as 01:00 ás 06:00 horas.

Todas estas medidas entrarán en vigor a medianoite do sábado. O comité volverase reunir o vindeiro martes para analizar novamente a situación epidemiolóxica.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará