Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Nova oportunidade para coñecer “a Chapela esquecida”

Saída polas contornas Pugariño e Maceiras

Logo do éxito da ruta guiada da pasada semana polos ríos Pugariño e Maceira, a concellería de Medio ambiente oferta unha segunda saída polo entorno natural e patrimonial de Chapela. Será o sábado, 12 de xuño. Os participantes poderán achegarse a lugares practicamente descoñecidos na parroquia cunha ruta polos muíños dos ríos Pugariño e Maceira. A saída, co guía local Álvaro Diego, será ás 9.30 horas desde o Centro de Saúde de Chapela, cunha duración aproximada de 4 horas. Ao longo do traxecto os participantes poderán coñecer os lugares que agochan as marxes e leitos destes ríos, descubrindo muíños ocultos, lavadoiros, camiños e sendas da Chapela máis descoñecida. A actividade é de balde, con prazas limitadas. Máis información no enderezo electrónico turismo@redondela.gal ou no teléfono 986 40 17 13.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará