Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os hostaleiros emprenden accións legais contra os furanchos

dav

Ducias de propietarios de bares e restaurantes concentráronse esta mañá na Alameda Castelao convocados pola Asociación de Hostaleiros Rías Baixas. Profesionais do sector de Redondela e comarca quixeron así amosar o seu rexeitamento ás medidas de restricións pola pandemia da Covid e á falta de axudas para a hostalaría. Na concentración celebrada en Redondela puxeron de manifesto “a delicada situaciónn que viven os negocios da hostalaría, que levou a moitos locais a pechar e outros resisten con grandes débedas”. Despois de máis dun ano de pandemia, as limitacións de aforo nos establecementos e a caída do turismo “limitan moito aos negocios”. A esta situació súmase a apertura da temporada de furanchos, o que consideran unha competencia “desleal”. Jose Manuel Barbosa, presidente da asociación, explica que non se trata dunha guerra “contra os furanchos”, senón dunha loita “contra todos os establecementos que son ilegais”. Os hostaleiros esixen que os furanchos “cumpran coa lei” en canto a horarios, aforos, normativa sanitaria, oferta de comidas e bebidas, etc. E esixen da administración local e autonómica “feitos, e non palabras”.

José Manuel Barbosa, presidente da Asociación de Hostaleiros Rías Baixas

Logo de manter varias xuntanzas con responsables dos Concellos afectados e da Xunta de Galicia, os hostaleiros anuncian que darán un paso máis. Armando Nieto, secretario do colectivo, anunciou que porán en marcha accións xudiciais “para loitar polos dereitos dos hostaleiros coa lei na man”. Advertiu que denunciarán nos xulgados “todas as licencias irregulares”

Armando Nieto, secretario da asociación

Hostaleiros de Redondela como Santiago Figueroa lamentan esta situación “que arrastramos desde hai anos sen que ningún goberno lle poña solución”. Explica que os locais de hostalaría están sometidos a inspeccións de Sanidade,Traballo ou Turismo, “mentres que os furanchos só teñen controis da Policía Local”. Figueroa advirte que se non hai axentes para vixiar que os furanchos cumpran as normas “non se fai nada”. Por iso piden “o mesmo trato” que estes negocios tradicionais que en moitos casos son “restaurantes encubertos”,denuncian.

Santiago Figueroa, hostaleiro de Redondela

Na concentración celebrada esta mañá participaron hostaleiros de Redondela, pero tamén de Mos, Soutomaior, Vigo e outros municipios da provincia.

Unha vintena de furanchos en Redondela
Esta temporada abriron no municipio uns vinte furanchos. Trátase de establecementos tradicionais que contan con permiso para servir o excedente de viño da colleita propia. Pola situación de pandemia a súa actividade está regulada por unha normativa da Xunta na que se aplican as mesmas normas que na hostalaría: aforo ao 75% no exterior e o 50% no interior, máximo de seis comensais por mesa no interior e dez no exterior. Deben traballar con reserva previa polas noites e levar un rexistro de visitas, ademais de dispor de medidores de CO2 no interior do local. Desde a asociación de hostaleiros denuncian que estas medias “non se cumpren”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará