Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Falece un veciño de Redondela nun accidente de moto

ambulancia-061-galicia

O motorista, de 60 anos de idade, faleceu ao estrelarse contra a base da ponte do tren en Cesantes.

O accidente aconteceu onte pola tarde, ás 20.00 horas, na estrada N-550 no lugar da Pantalla, en Cesantes. Segundo a Policía Local o piloto circulaba en dirección Pontevedra cando, por causas descoñecidas, perdeu o control da motocicleta e saíu da estrada para acabar batendo contra o alicerce da ponte do tren. Faleceu no acto. O suceso causou gran consternación no municipio, ao tratarse dun veciño coñecido de Redondela. Ao lugar do suceso desprazáronse a Garda Civil de Tráfico, a Policía Nacional e Local e Protección Civil. Segundo informa o 112, mobilizáronse dúas ambulancias asistenciais do 061 e sanitarios do PAC de Redondela que tan só puideron certificar o falecemento.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará