Hoxe é Xoves 9 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

En xuño, todos os xoves son día da Coca

RutaCocaMosaico

Dende a Concellaría de Turismo de Redondela lanzan unha nova proposta para este mes de xuño, unha ruta con guía polas rúas de Redondela cun tema concreto: a Festa da Coca. Todos os xoves deste mes, ás 19:00 horas, dende a Oficina de Turismo sairá unha visita guiada explicando, a través da historia da festa da Coca, os sitios máis emblemáticos de Redondela. Non se trata dunha visita guiada no sentido estrito, senón “un paseo, unha conversa, un encontro especial onde cada quen poderá contar, aprender, preguntar, escoitar e explicar as súas lembranzas sobre a Festa da Coca”, explican desde o Concello. Trátase dunha invitación para os turistas que visiten o municipio este mes, pero tamén para as persoas de Redondela “que viviron a Festa noutros momentos, noutras épocas, e que teñan lembranzas 3 anécdotas que compartir”. Polas restricións da Covid-19 os grupos están limitados a un máximo de 20 persoas. Para poder participar nestes paseos gratuítos, é recomendable facer reserva previa na propia Oficina de Turismo, no teléfono 986 40 17 13 ou en turismo@redondela.gal. Tamén poden achegarse ás 19:00 horas, todos os xoves de xuño, e unirse ao grupo no caso de quedar prazas dispoñibles.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará