Hoxe é Luns 14 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Augas de Galicia realiza a limpeza do río Alvedosa ao seu paso por Amoedo

rio Alvedosa-Pazos de Borben

Operarios de Augas de Galicia, entidade dependente da Consellería de Infraestruturas, está a realizar traballos de conservación e limpeza no treito interurbano do río Alvedosa, no municipio de de Pazos de Borbén. As labores estanse a desenvolver nun tramo do río, de máis de 1,1 quilometros, ao seu paso pola parroquia de Amoedo. As tarefas céntranse na retirada de árbores e pólas caídas na canle, para permitir a circulación fluída das augas e evitar atoamentos. Con esta intervención o río queda “despexado de maleza”, melloran as condicións naturais do ecosistema “e favorecen os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río”.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial Galicia-sur e as súas zonas de acceso e protección.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará