Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco, na loita polo ascenso

choco-premio-playoff

Choco 6-0 Silva

O equipo de “Gonza” dependía de si mesmo para clasificarse para o “play-off” de ascenso a Segunda RFEF, e o Choco non defraudou. Tiñan que gañar ao Silva, e fixérono por goleada. O rival, que non tiña ningún obxectivo en xogo, foi superado por un Choco que impuxo o seu xogo desde o primeiro minuto. No primeiro gol nada puido facer o meta do Silva, nunha combinación entre Martín e David dentro da área, con gol do primeiro que era o 1-0. E antes do descanso chegaron outros dous: David superou á defensa nun balón longo e Monroy marcou a porta baleira. Nunha xogada semellante tamén David lograba o 3-0 nun man a man. Na segunda parte, con menos intensidade, o Choco certificou a goleada. Primeiro foi Alberto Suárez cun balón desde medio campo, logo Samu anotaba o quinto logo dun saque de esquina, e por último Félix facilitoulle a David o sexto cun centro perfecto..

O Choco terá que esperar unha semana para coñecer ao seu rival. A día de hoxe sería o Somozas, pero aínda ten que xogarse a última xornada do grupo, aprazada por Covid. Será a primeira de tres eliminatorias que terán por diante dos de “Gonza” para conseguir o ascenso.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará