Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un veciño de Redondela por violencia machista

XoanManuel

Axentes da policía local de Redondela detiveron esta madrugada a un veciño de Redondela por un presunto delito de violencia de xénero. Foron os veciños os que chamaron á comisaría tras escoitar unha forte discusión nunha vivenda da rúa Xoán Manuel Pereira. Cando chegaron os axentes atoparon ao home, de 45 anos de idade, xa na rúa e en roupa interior. O varón presentaba feridas nun brazo que, segundo explica a policía, se produciría el mesmo ao golpear o mobiliario da casa. Segundo o relato recadado pola policía, o home teríase presentado na vivenda da súa parella en estado de embriaguez. Provocou unha forte discusión, rompeu mobiliario e golpeou á muller, de 49 anos de idade. Foi detido polos axentes por un presunto delito de violencia de xénero, e xa pasou a disposición policial.
Accidentes, botellóns e un condutor sen permiso en Chapela
Fin de semana de moita actividade para os axentes da policía local no remate do estado de alarma, especialmente na parroquia de Chapela. Na madrugada do domingo os axentes tiveron que identificar a seis persoas que participaban nun botellón no parque infantil situado na Avenida de Vigo.
Por outra banda, un condutor foi imputado por negarse a realizar a proba de alcolemia e por conducir co permiso retirado. O veciño de Chapela, de 44 anos, foi interceptado na madrugada de onte no barrio de Cidadelle con síntomas de conducir baixo os efectos do alcol.
A policía recibiu tamén varios avisos por reunións na rúa de grupos de persoas sen máscara. Ocorría na tarde do sábado no centro de Redondela, nas rúas Ribadavia e Pai Crespo, aínda que os incidentes se resolveron sen denuncias.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará