Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos reforza a brigada municipal de limpeza con nove traballadores

PAZOS.personal

O Concello de Pazos de Borbén acaba de realizar nove contratacións de persoal para reforzar a súa brigada de limpeza durante a tempada estival. Os novos empregos financiaranse a través da liña 3 de Obras e Servizos do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e terán unha duración de 6 meses. Os novos traballadores dedicaranse principalmente ao coidado de infraestruturas municipais e realizarán a limpeza de mobiliario urbano, parques, xardíns e diversas actuacións de mantemento, cunha xornada laboral de 30 horas semanais. O alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Iglesias, reuniuse cos novos traballadores, aos que lle deu a benvida, e defendeu que con estas novas incorporacións “poderanse reforzar os servizos e ampliar as actuacións de mantemento no municipio, ademais de dar traballo a veciños en situación de desemprego”. Os novos operarios estaban inscritos como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia. A súa contratación realizouse “baixo un estrito proceso de selección” durante o cal se valoraron distintos aspectos “como a preparación e a situación económica persoal e familiar dos candidatos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará