Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG demanda no Parlamento Galego máis médicos para Soutomaior

BNGparlamento

A situación da sanidade pública de Soutomaior volve á actualidade política no parlamento do Hórreo cun debate na Comisión de Sanidade. Faise a petición do portavoz municipal do BNG e deputado Manu Lourenzo, que denuncia os “colapsos que sofre a sanidade pública de Soutomaior nos últimos tempos”. O municipio conta na actualidade con 3 médicos para atender a máis de 7.500 habitantes, e os cupos sanitarios superan os 1.600 pacientes por facultativo. Lourenzo advirte que esta situación “provoca atrasos habituais” na Atención Primaria, e chega ao punto de producir colapsos “cando o Sergas non cobre as baixas dalgún dos médicos”. Esta situación provoca que a as esperas para ter unha cita de atención primaria superen os 15 días “impedindo na práctica o dereito á atención sanitaria da veciñanza que enferma ou deixando o Centro de Saúde sen médicos para atender as urxencias”. O voceiro do BNG sinala que esixirán “no Parlamento, na rúa e onde sexa necesario” que se dote a Soutomaior dos médicos que se precisan para unha atención sanitaria “de calidade”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará