Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A hostalaría máis solidaria

MenuSolidario

Un total de 13 establecementos hostaleiros de Redondela elaboran de maneira gratuíta menús completos para os que máis o precisan. Estes locais ofrecen unha vez por semana “Menús Solidarios” ás familias usuarias dos Servizos Sociais Municipais. Unha vez preparados, estes son entregados de xeito gratuíto nos domicilios dos beneficiarios pola empresa redondelá de reparto de comida a domicilio Roombo. O listado de familias beneficiarias desta iniciativa elabórao o Departamento de Servizos Sociais que xestiona a alcaldesa Digna Rivas, quen sinala “un camiño sempre se percorre cun primeiro paso, que é case sempre o máis difícil. Estes trece establecementos veñen de dar ese primeiro paso”. Trátase dos locais Bar Rivas, Adega, O’Furancho, Regato, VilaBella, Gastrobar, Frazione, Taperia Patri, Mapache, Pakistani kebab Redondela, Casa Chano, O Xantar de Otelo e Samoa. Son a cara solidaria dunha hostalaría de Redondela que, a pesar de ser o sector máis golpeado pola pandemia e as restricións “son capaces de pensar nos que máis o necesitan”, sinala Rivas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará