Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Expropiacións en Chapela e Trasmañó pola renovación da liña de tren Redondela-Vigo

Tren.capture-20210422-135509

A renovación integral da liña de ferrocarril no trazado Monforte-Chapela vai a supoñer tamén obras de mellora no tramo entre a estación de tren de Redondela e a de Guixar, en Vigo. O Boletín Oficial do Estado publicou onte o anuncio de Adif, a axencia responsable das infraestruturas ferroviarias, dependente do Ministerio de Transportes. O documento contempla as afeccións que vai provocar as obras en terreos do municipio de Redondela, tanto pola súa ocupación temporal mentres duren as obras, como aquelas parcelas que serán expropiadas. Son en total máis de 6.000 metros cadrados os que se someten a un proceso de expropiación nas parroquias de Chapela e Trasmañó. Case 4.000 metros cadrados son de solo urbanizado, e outros 2.079 de solo rural. Os detalles están recollidos no “Proxecto de Construción de renovación integral de infraestrutura e vía L/ Monforte de Lemos – Bif. Chapela. Tramo: Estación de Redondela – Estación de Vigo-Guixar”. A ocupación de terreos afecta tanto a propietarios particulares como a empresas da zona e administracións públicas. No listado, que pode consultarse no BOE, figuran propiedades do Concello de Redondela, empresas como Pescanova, Aucosa ou terreos da autoestrada AP-9. Ábrese agora un período de exposición pública de 15 días na que os afectados poden presentar alegacións. A documentación das expropiacións pode consultarse na Subdelegación do Goberno en Pontevedra, no Concello de Redondela e tamén a través do Portal de Transparencia de ADIF (www.adif.es).

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará