Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O teatro, protagonista da oferta cultural en Redondela

TeatroTodos

O público redondelán poderá gozar do teatro con dúas representacións esta fin de semana, ademais da posibilidade de desprazarse a Compostela o próximo 1 de maio nunha viaxe organizada polo Concello para ver a estrea de “Terceiro Acto”.

A cita máis inmediata será este sábado, 24 de abril, no auditorio da Xunqueira coa traxicomedia “32m²”. A última creación da compañía ButacaZero está dirixida por Xavier Castiñeira e Esther F. Carrodeguas. A historia presenta a Mar (Nuria Gullón) e a Xan (Xurxo Cortázar), unha parella “antisistema” que afronta, de súpeto, o confinamento de toda a poboación. Unha peza de teatro absurdo, unha viaxe cara un pasado recente “a fin de provocar unha catarse colectiva ante un acontecemento que marcou, e marcará, a vida en sociedade”: o encerro da pasada primavera. A peza nace coa vontade de ofrecer unha ollada singular, reflexiva e sanadora sobre o confinamento. As entradas están á venda no propio Multiusos da Xunqueira, a un prezo é de 7 € (entrada normal) ou 5 € (entrada reducida).

Para o público infantil e familiar a cita é o domingo coa obra “Os Golfiños e o Xigante” baseada no texto do mesmo nome de Inacio Vilariño e co que obtivo o XII Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques infantil. É este un espectáculo de sombras chinesas que narra unha historia real: o xigante Bao Xi Xhum, considerado polo Récord Guiness o home máis alto do planeta, conseguiu, grazas ao seu longuísimo brazo salvar a uns golfiños dunha morte certa. A cita é ás 18.00 horas, as entradas están á venda no Miltiusos da Xunqueira a un prezo de 3 euros.

A Concellaría de Cultura lévate a Santiago para ver “Terceiro Acto”

A Concellaría de Cultura de Redondela e o Centro Dramático Galego organizan unha visita ao Salón Teatro de Santiago de Compostela para ver a obra “Terceiro Acto” o vindeiro 1 de Maio. A obra, dirixida por Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez está protagonizado por Belén Constenla, Roberto Leal, Fernando Morán, Mabel Rivera e o redondelán Eduardo R. Cunha, Tatán. En colaboración coa Concellaría de Cultura organízase unha viaxe para quen desexe asistir como público. A viaxe de ida e volta en autobús será de balde para os participantes, que unicamente terán que pagar a entrada para ver a obra cunha tarifa reducida de 6 euros. O concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa, anima á veciñanza a participar “e asistir a un acto cultural de primeira, contando con coidadas condicións sanitarias, e cun artista redondelán que acostuma a facer traballos actorais de nivel” sinala Daniel Boullosa.

Daniel Boullosa, concelleiro de Cultura

O número máximo de asistentes está limitado a 50 persoas, debido ás restriccións sanitarias pola pandemia. Os que o desexen poden facer xa a súa reserva no Multiusos da Xunqueira e realizar o pago no momento de inscribirse.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará