Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Medio Ambiente será “contundente” cos propietarios que non limpen as súas fincas

dav

O departamento de Medio Ambiente pon en marcha unha campaña para previr incendios forestais que afectará a centos de propietarios en todas as parroquias de Redondela. A primeira das actuacións está a realizarse en Trasmañó, na subida de San Vicente, nun tramo de aproximadamente un quilómetro de lonxitude. O concelleiro, Roberto Villar, explica que nestas parcelas hai árbores en risco de caída “que poden provocar un accidente de tráfico”, e ademais a falta de limpeza da biomasa “é un grave perigo en caso de incendio”. Trátase dunhas 200 fincas neste tramo da parroquia de Trasmañó. O responsable de Medio Ambiente advirte que se vai poñer en marcha unha actuación “sen precedentes en Redondela” e que cando remate o proceso tramitaranse os expedientes “e trasladaranse os gastos da limpeza aos propietarios das fincas”. Para evitar problemas aos donos das parcelas e previr riscos de incendios, Villar fai un chamamento á responsabilidade dos veciños e recomenda “facer un tratamento anual nas parcelas”.

Roberto Villar, concelleiro de Medio Ambiente

O edil asegura que o 90% das reclamacións que fai o departamento de Medio Ambiente “resólvense falando cos donos das fincas” que proceden a facer a limpeza. O outro 10% que non cumpre normalmente é “por deixadez”, lamenta Villar, xa que na maioría dos casos coa venta da madeira das fincas “a limpeza non lle custa nada ao propietario, e mesmo gaña cartos”.

Aqueles propietarios que non manteñan limpas as fincas antes do 30 de maio, data que fixa a Xunta para evitar incendios de cara ao verán, veranse expostos a un expediente por parte do Concello. Será o Concello o que asuma a tala de árbores e a roza do terreo naqueles terreos con propietario descoñecido, e despois procederá á subasta da madeira retirada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará