Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Contos, cantos e a historia do Colón galego para celebrar o Día do Libro en Pazos

pazosCartel

A rapazada de Pazos de Borbén conta esta semana cunha ampla programación cultural e lúdica organizada pola Biblioteca Municipal. Hoxe mércores cunha sesión de contos a cargo de Miguel Ángel Alonso e os seus “Contos diversos”, no auditorio do Concello. Mañá xoves, ás 10.00 horas, a actividade centrarase na conferencia “A incrible historia do galego Cristovo Colón. De poio a Baiona”. Será impartida polo escritor Rodrigo Costoya Santos, autor da novela histórica “Portosanto. O enigma de Colón” na que se basea esta charla. A publicación deste libro en 2017, ambientado na Idade Media, aborda a loita do ser humano contra a escuridade ao longo da historia, e relanzou a teoría que avala que Colón naceu en realidade en Galicia. Á conferencia asistirán alumnos de 3º e 4º de ESO do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e aquelas outras persoas interesadas que queiran participar nesta actividade e coñecer un pouco máis polo miúdo esta historia. Poden inscribirse –ata completar o aforo- chamando ao teléfono da Biblioteca 986 497 273.

O mes de abril remata con outra actividade de contacontos o venres, día 23. Será ás 12:30 horas na EEI Infantil “A Galeriña” de Nespereira coa contadora Ana Facchini co espectáculo “Cantos, contos e outras animaladas”; unha actividade na que os tradicionais contos de animais reinvéntase en historias actuais cheas de amor, humor e tenrura.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará