Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CD Choco avanza con paso firme cara o “play off”

choco19.04

A vitoria por 1-4 sobre o Silva consolida ao equipo redondelán no 2º posto da táboa, mentres o equipo xuvenil golea ao Avilés.

Silva 1-4 Choco

Os de “Gonza” foron superiores na Grela, con goles de Iano, Fran Monroy e Martín por partida dobre. O Choco está a ter uns excelentes resultados nesta apertada carreira na loita polas dúas prazas que dan o billete para a fase de ascenso. Hai un triplo empate nos tres postos de arriba no que os de Redondela comparten praza con Vilalbés e Estradense. Os choqueiros dominaron o encontro desde o comezo, con boas chegadas a área coruñesa. Os do Silva non lograban superar a barreira defensiva que lles permitise crear perigo. No minuto 16 Iano rompería a saca a favor do seu equipo tras un balón a segundo pau de córner e Iano introdúceo na rede. No 25 Monroy subiría o segundo tanto choqueiro tras un tiro de Davo que pega no pau, sendo o mesmo xogador quen recolle o rexeite deixándolle o balón de cara ao seu compañeiro Monroy, quen atina ao fondo da portería. O partido estaba de cara para os de “Gonza”, pero unha xogada a balón parado dende o recuncho foi aproveitada polo Silva para poñer o 1-2 co tanto de Brais Lema. Pouco despois, no 37, Martín subiría o terceiro para os seus cun tiro certeiro dende preto do área, e co 1-3 chegaron ao descanso. Tralo paso por vestiarios a tónica foi a mesma, co Choco dominando o xogo e con ocasións claras. Pero houbo que agardar ao minuto 82 para ver o único gol da segunda parte, novo tanto de Martín nunha xogada a balón parado dende o recuncho que poría o 1-4 definitivo.

Xuvenil División de Honra

Choco 7-0 Avilés

O equipo redondelán foi moi superior, e goleou con dobretes de Javi Labrada e Óscar Villar, sumados aos tantos de Ju, Antón e Edigar. Segunda xornada da segunda fase no grupo de loita pola permanencia unha tempada máis na categoría División de Honra. Importante esta vitoria para seguir optando ao obxectivo e facer bo o punto sumado en Xixón a xornada pasada.

O Xuvenil do Choco celebra o triunfo ante o Real Avilés
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará