Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER rexeita o acordo do GES e propón un convenio cos bombeiros de Vigo

emerxencias

A Agrupación de Electores de Redondela (AER) amósase en contra do convenio para a creación dun Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) con base compartida en Redondela e Mos. O convenio foi presentado pola Xunta de Galicia, as Deputacións provinciais e a FEGAMP (Federación galega de municipios e provincias). Este servizo de emerxencias atendería os municipios de Redondela, Mos, Pazos de Borbén e Soutomaior. A proposta para asinar este convenio será levada a un pleno extraordinario. AER sinala que o convenio foi estudado polo persoal técnico e xurídico do Concello que informou desfavorablemente “ao entender que o acordo é lesivo para o Concello de Redondela”. O convenio proposto obriga a Redondela a prestar servizos a outras localidades veciñas “sen que estea previsto financiamento algún por parte deses municipios colindantes”. A Agrupación entende que deben ser a Xunta e a Deputación Provincial, con competencias nestes servizos “as que asuman a organización, xestión e contratación do persoal”. AER,socio no goberno de coalición co PSdeG, denuncia que este convenio é unha imposición “política e partidista”. A formación asemblearia asegura estar de acordo coa creación dun GES “para funcións prioritarias como a prevención de incendios forestais, en Redondela ou mancomunado”, pero insisten en que debe ser a Xunta “quen sufrague, xestione e organice dito servizo”. A proposta de AER é que, mentres non se artelle unha mellora do servizo proposto, “se reforce con máis persoal o servizo do SEIS de Redondela e que se amplíe o convenio co parque de bombeiros do Baixo Miño (O Porriño) ao parque de Bombeiros de Vigo para as actuacións de Extinción de Incendios e Salvamento.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará