Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A exposición Conquistadoras pode visitarse en Chapela ata finais abril

Inauguración Conquistadoras chapela

A mostra, que durante todo o pasado mes de marzo estivo instalada na Alameda Castelao, chegou a Chapela para permanecer no Paseo Marítimo ata finais deste mes de abril. “Conquistadoras” amosa a historia de esforzo de moitas mulleres que, dende o seus ámbitos de vida persoal e profesional, foron quen “de conquistar o dereito a ser elas sen necesidade de pedir o permiso deles”. A alcaldesa, Digna Rivas, sinala que “durante séculos considerouse que a muller non podía acadar os mesmos éxitos ca os homes, ou que simplemente non tiña capacidade dabondo para igualalos”. Con esta exposición, da que forman parte mulleres como María Pita, Rosalía de Castro, Ernestina Otero ou María Araújo, a Concellería de Igualdade de Redondela quere “desterrar prexuízos que tristemente aínda se manteñen na sociedade contemporánea”. A intención desta mostra é achegar á veciñanza de Redondela un anaco da historia de Galicia e sobre todo “destas mulleres capaces de sobrepoñerse ás adversidades para demostrar o que non debera precisar xustificación: calquera muller pode realizar os mesmo traballos ca un home”. A exposición percorrerá as diferentes parroquias do municipio ao longo do ano, sendo a súa próxima parada Cesantes, no mes de maio. Cúmprese deste xeito un dos obxectivo que ten a Concellería de Igualdade que xestiona Rivas, que é que “a loita pola igualdade non quede cinguida a un so día, senón que sexa unha acción continuada ao longo de todo o ano porque é o único xeito de acadar unha sociedade xusta, igualitaria e decente”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará