Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela traslada aos domingos as feiras en día laborable

feira

Unha medida que permitirá pechar ao tráfico rodado a Avenida Mendiño e instalar o 100% dos postos cumprindo a normativa sanitaria. Este cambio porase en marcha de xeito inmediato e suporá o adiantamento da feira que se tería que celebrar o martes seis de abril, a este domingo, día catro.

O concello de Redondela trasladoulle esta semana ao colectivo de vendedores esta decisión, que entra en vigor neste mes de abril, coa finalidade de non ter que reducir o número de postos que participan na feira da localidade ao mesmo tempo que se mantén a distancia de seguridade marcada polas autoridades sanitarias e se facilita o distanciamento entre os compradores.

A alcaldesa Digna Rivas explica que o peche da Avenida Mendiño en “día laborable é impensable” dada a elevada densidade de tráfico que circula por esta vía ao ser o acceso natural aos numerosos servizos que se localizan na zona da Marisma como os institutos, centros escolares, o pavillón de deportes, o conservatorio, a piscina municipal ou o centro de saúde. Porén manter a feira en día laborable sen cortar a avenida obrigaría a reducir o número de postos para cumprir as normas sanitarias.

Rivas fai fincapé na necesidade deste cambio “para poder desenvolver unhas feiras que constitúen un elemento dinamizador da economía local e, ao mesmo tempo, non baixar a garda nas medidas de prevención sanitaria”.


1ª Feira (día)2ª Feira (día)
ABRIL425
MAIO923
XUÑO620
XULLO1425
AGOSTO822
SETEMBRO519
OUTUBRO324
NOVEMBRO721
DECEMBRO619

A celebración da feira nestas datas estará supeditada a que o concello de Redondela non rexistre un nivel alto de risco sanitario e non se atope en situación de peche perimetral.

Malia o peche da estrada, habilitarase un corredor para que poidan circular os servizos de emerxencia ou se poida acceder ao centro de saúde, en caso de necesidade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará