Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela comezará a Semana Santa no nivel máis baixo de restricións

dav

O comité clínico modificou o mapa de restricións por Concellos e estableceu onte catro niveis. Á espera aínda do que se publique no DOG, o que entraría en vigor o venres, Redondela queda no nivel 4, o máis baixo, xunto con Vigo, Pazos de Borbén, Fornelos de Montes e a maior parte de municipios galegos. No caso de Redondela o Sergas informa de 13 novos contaxios na última semana, e 23 casos nos últimos 14 días, o que deixa unha incidencia acumulada por baixo dos 75 por cada cen mil habitantes, e por baixo dos 150 casos respectivamente. Neste nivel a hostalaría pode abrir con servizo en terrazas ata o 75% de ocupación, e ata un 50% de aforo no interior dos establecementos. Soutomaior quedará no nivel 3, o novel medio de restricións, malia ter mellorado a incidencia de contaxios. Neste nivel, no que se atopa tamén Cangas e outros municipios galegos como A Coruña, Arteixo ou Culleredo, a diferenza está no aforo dos locais de hostalaría, que poden servir nas terrazas cun 50% de ocupación e no interior dos locais un 30%.

No nivel alto de restricións quedan 7 localidades, entre elas Baiona e Sanxenxo, que encaran a previa á Semana Santa sen poder abrir o interior de bares e restaurantes. Neste nivel só poden atender na terraza e ao 50%. No nivel máximo de restricións só quedan, polo de agora, os municipios de Beade e Maside, que estarán cerrados perimetralmente, terán pechada a restauración e que non se poderán reunir persoas que non vivan xuntas.

A mobilidade está permitida entre todos os Concellos galegos excepto Maside e Beade.

En virtude das medidas especiais acordadas no ámbito estatal para a Semana Santa, ademais de seguir Galicia pechada perimetralmente, só se poden xuntar como máximo seis persoas nos exteriores e catro nos interiores, e continúan prohibidas as reunións de non conviventes nos domicilios. Segundo o Comité Clínico non haberá máis aperturas para o sector hostaleiro polo menos ata que pase a Semana Santa, despois do seis de abril.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará