Hoxe é Luns 14 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O concello de Redondela denuncia o “abandono” das obras da PO-250 por parte da Xunta

Muro de contencion e paralización obras PO-250

Aseguran que dous meses despois do inicio dos traballos, na actualidade están paralizados e sen rematar o que supón un risco para a seguridade dos usuarios desta vía.

O goberno local asegura que as obras que a Xunta de Galicia iniciou hai dous meses na PO-250, estrada que une Redondela con Pazos de Borbén, están “no máis absoluto abandono” o que supón que ao perigo que xa de por si supuña esta vía hai que sumarlle, engaden, o perigo que supón ter retranqueado o muro de contención que está situado nunha curva perigosa sen que se dera continuidade ao nivelado e asfaltado da estrada nese punto, “o que deixa un desnivel perigoso para a circulación rodada”.

A alcaldesa, Digna Rivas, urxe á Xunta “a que solucionen o problema que eles mesmos orixinaron antes de que se teña que lamentar algún accidente”. A rexedora local lembra que “aínda é tempo de facer as cousas ben” polo que volven a insistir na necesidade dunha xuntanza con responsables de estradas da administración autonómica “para trasladarlles, unha vez máis, as achegas do Concello que poñerían fin aos graves problemas de seguridade que ten unha estrada que, diariamente, rexistra un gran tránsito tanto de vehículos coma de persoas”. Lembran que esas deficiencias e necesidades eran recollidas en maio de 2020 nun informe feito polos técnicos do Concello e que, explican, foi remitido á Xunta de Galicia sen que fose tido en conta á hora de acometer a mellora desta estrada que comunica Redondela con Pazos de Borbén.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará