Hoxe é Xoves 5 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concentración en Redondela en defensa dos dereitos “das mulleres e das obreiras”

IMG_20210308_183654

Preto de medio cento de persoas concentráronse este luns na praza da Constitución de Redondela, nun acto promovido polo colectivo feminista Paxaretas co gallo do Día Internacional da Muller Traballadora, onde se reivindicou o papel da muller na pandemia. Porque, como lembraron na lectura do manifesto as activistas, feminino é o sector dos coidados, feminino é o sector da sanidade e tamén a representación no comercio e na hostalería é maioritario das mulleres, por iso este ano máis ca nunca consideran que é necesario darlle visibilidade ao 8M.

Un berro a prol da igualdade en todos os ámbitos da vida e máis, incidiron, cando a urxencia sanitaria está a supor un dobre prexuízo para as mulleres por ser as que teñen os traballos máis precarizados e por ser as encargadas dos coidados. Unha situación que explican “se viu agravada pola pandemia que feminizou a pobreza e supuxo un incremento da violencia machista”. Así o 77% do emprego que se destruíu en Galicia en 2020 foi de mulleres e o 76% dos contaxios do persoal sanitario foron mulleres, como sinalaban os carteis da Asemblea Feminista Paxaretas

A pandemia agravou a situación das mulleres

Tamén reivindicaron o dereito á mobilizarse e arremeteron contra aqueles que quixeron impedir que o movemento feminista puidese saír á rúa este 8 de marzo.

Dereito a manifestarse neste 8M

Un acto que remataba coa mensaxe dunha nena que clamaba por un “mundo diferente onde ser muller non sexa un inconveniente”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará