Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As remeiras de Chapela, primeiras campioas da tempada de bateis

RemoChapelaCangas

As tripulacións femininas do Club Remo Chapela, con 15 puntos, seguidas de Robaleira e Samertolaméu, ambos con 12; e as masculinas da S.D.Samertolaméu, con 20, seguidas de Bueu (15) e Chapela (14), erixíronse nos campións da XX Bandeira Concello de Cangas de bateis. Foi unha gran estrea para o club de Chapela, na primeira proba do calendario 2021, organizada polo Club Remo Vila de Cangas. Reuniuse unha numerosa participación de 75 tripulacións en total, femininas e masculinas, que competiron nunha tarde asollada e sen vento.

Resultados categoría feminina: Alevíns: 1. Chapela, 2.55:43; 2. Tirán, 3.00:18; 3. Vila Cangas, 2.47:31 (mixto); 4. Vxe.Guía, 4.07:56 (mixto). Infantís: 1. Samertolaméu, 3.38:87; 2. Tirán, 3.56:71; 3. Mecos, 4.05:40. Cadetes: 1. Robaleira, 7.38:13; 2. Mecos, 7.41:18; 3. Amegrove, 7.53:03. Xuvenís: 1. Chapela, 10.11:88; 2. Chapela, 10.45:20. Absoluta: 1. Robaleira, 9.39:28; 2. Samertolaméu, 9.41:18; 3. Chapela, 9.57:50.

Resultados categoría masculina: Alevíns: 1. Samertolaméu, 2.36:21; 2. Bueu, 2.56:48; 3. Vila Cangas, 3.00:86. Infantís: 1. Virxe Guía, 5.00:94; 2. Mecos, 5.13:34; 3. Virxe Guía, 5.19:34; 4. Bueu, 5.26:23. Cadetes: 1. Samertolaméu, 6.49:69; 2. Chapela, 7.06:09; 3. Chapela, 7.07:94; 4. Tirán, 7.11:41. Xuvenís: 1. Chapela, 9.14:57; 2. Bueu, 9.27:96; 3. Chapela, 9.28:03; 4. Samertolaméu, 9.38:34. Absoluto: 1. Tirán, 8.43:30; 2 Samertolaméu, 8.47:53; 3. Bueu, 8.53:13.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará