Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Avanzan os tramites para o peche da presa do Inferno

20210302 Visita Ponte Inferno (1)

Os alcaldes de Soutomaior e Ponte Caldelas asinaron este martes a acta de recoñecemento do terreo necesaria para continuar cos trámites do expediente de extinción desta central hidroeléctrica que leva en funcionamento dende hai 131 anos e dende marzo de 2017 coa licenza caducada.

Continúa, así, a tramitación do expediente de extinción por finalización do prazo de concesión da presa Ponte Inferno. Este martes, 2 de marzo, os alcaldes de Soutomaior, Agustín Reguera, e de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, xunto aos técnicos de Augas de Galicia e Naturgy, visitaron a central hidroeléctrica para asinar a acta de recoñecemento do terreo, precisa para avanzar cos trámites de peche.

Segundo o Plan Hidrolóxico de Galicia, o prazo de concesión para a central hidroeléctrica finalizou en marzo de 2017, despois de 131 anos de explotación o que supuxo importantes danos non só para a biodiversidade da zona senón tamén para a Enseada de San Simón, como veñen denunciando dende hai máis de dúas décadas o colectivo A Rente do Chan-Pladever.

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, cualificou esta visita como “un paso máis para poder recuperar a canle orixinal do Verdugo” e explicou que a eliminación da presa e a posterior restauración da canle orixinal implicaría a recuperación dun tramo de 2km do río Verdugo e 5km do río San Vicente “o que suporía un aumento da biodiversidade e da súa produtividade natural. Unha mellora que sería moi beneficiosa para un dos nosos maiores sectores produtivos, o marisqueo”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará