Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xornada aciaga para o CD Choco

ChocoEstradense

O club redondelán non foi quen de sumar ningún punto nos encontros que disputaba esta fin de semana en Santa Mariña. O equipo de Terceira Nacional perdeu 1-2 ante o Estradense, mentres que o Xuvenil de División de Honra caía ante o Lugo por 0-1.

Terceira División

Choco 1-2 Estradense

Logo do parón ligueiro da pasada fin de semana, o Choco recibía onte na casa ao Estradense. O encontro comezaba cun minuto de silencio por un dos aficionados choqueiros, Telmo, e un ex- utilleiro da casa, Cándido Lareira. Coas gradas completas dentro do límite do aforo permitido, o partido empezou co habitual tanteo entre os dous bloques, sen xerar verdadeiro perigo. Pero unha saída adiantada de Cortegoso sería aproveitada por Juanmi para marcar o 0-1 do partido. O Choco tentou igualar o marcador antes do descanso, con varias ocasións que non rentabilizaron. Xa na segunda metade chegaría o gol do empate, por medio dunha boa xogada protagonizada por Fran Monroy. Mais a ledicia duraría pouco, logo do saque do centro chegou o segundo do Estradense, materializado de novo por Juanmi, que poñía o 1-2 no luminoso. Nos minutos que restaban de partido os locais tentaron darlle a volta ao marcador, mentres o Estradense tentaba salvar o resultado que finalmente lle valeu os tres puntos.

Xuvenil División de Honra

Choco 0-1 Lugo

Un gol do Lugo na primeira parte deixou sen premio a un CD Choco que mereceu moito máis. O equipo choqueiro saíu buscando a mordida desde o asubío inicial e viuse a un bo equipo durante os primeiros vinte minutos. Tiveron ocasións claras Portas, Miguel ou Alberto, pero faltou o acerto, e a medida que pasaban os minutos os lucenses foron gañando terreo. O CD Lugo púxose por diante cun gol que chegou tras un centro, e sen tempo para máis chegaba o final da primeira parte. Na segunda metade o xogo centralizábase no medio campo. Os locais tentaban chegar á área lucense mentres que a estes lles valía o 0-1. Até os minutos finais o CD Choco pelexou por cambiar o curso do partido, pero o CD Lugo soubo rendibilizar o gol da primeira parte e levar o tres puntos da xornada.

O Choco Xuvenil de División de Honra perdeu por 0-1 ante o Lugo

Este mércores ás 18.00 horas a Xuvenil División de Honra ten unha cita de novo en Santa Mariña nesta ocasión contra o RC Celta de Vigo, no que se disputa un partido aprazado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará