Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O goberno redondelán propón a modificación da taxa de apertura de establecementos

abierto-cerrado-negro

Consideran que a taxa debe establecerse en función á superficie e potencia dos establecementos en lugar do Imposto sobre Actividades Económicas, como acontece na actualidade.

O pleno do Concello de Redondela debate este xoves, na sesión telemático correspondente ao mes de febreiro, a modificación da taxa de licenza de apertura de establecementos. Unha proposta que chega dende a concellería de Economía e Facenda co obxectivo de “simplificar a xestión do imposto, gravándose cun importe maior ás actividades que, pola súa magnitude, supoñen unha maior carga de traballo para os servizos urbanísticos”. Dende o goberno local aseguran que a modificación da ordenanza suporá unha diminución da taxa para a maior parte das actividades, máis dun 90 %. Engaden que para o Concello as vixentes son “moi elevadas e non se axustaban a esta nova situación” de pandemia.

Na actual ordenanza, o sistema básico de tributación está fixado en función das tarifas do Imposto sobre Actividades Económicas (IAE) e o que o goberno redondelán pretende con este cambio, é cuantificar as tarifas en función aos parámetros de superficie e potencia dos establecementos. Unha modificación na ordenanza que tamén permitiría a aqueles establecementos que aínda non teñen regularizada a súa situación, obter o título habilitante para exercer a súa actividade.

Dende a concellería de Economía aseguran que este cambio na ordenanza suporía equiparar a Redondela con outros municipios que xa utilizan estes baremos para o cobro da taxa de apertura.

Unha iniciativa, que inclúen dentro das medidas adoptadas para minimizar o impacto da crise orixinada pola COVID-19 e axudar á reactivación do comercio e economía local.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará