Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pleno da SAR nos derbis redondelán e galego

balonmanSAR

Na Primeira Nacional a SAR impúxose en Chapela nun partido moi igualado, e na Honra Prata Feminina a SAR Rodavigo superou ao Meaño.

Primeira Nacional

Rodosa Chapela 28-31 SAR Plastic Omnium

Malia que o Rodosa Chapela partía como favorito pola súa superioridade na táboa, o derbi do balonmán redondelán demostrou unha vez máis que estes partidos son “diferentes”. O encontro non defraudou, cun xogo intenso e emocionante. A SAR plantou cara na pista de Chapela ante un anfitrión que busca pelexar polas prazas da fase de ascenso. Unha moi boa defensa dos de Pablo Muíños, axudada por unha gran actuación de Dani Cadilla na portaría, e a saída rápida do equipo á contra foron as claves. O Chapela non se atopou cómodo no partido, incapaz de desenvolver o seu xogo habitual. A igualdade no marcador foi a tónica dominante, e ao descanso marcaba un empata a 15 goles. A segunda parte foi moi semellante, con resultados parellos. Pasaban os minutos e finalmente, por pequenos detalles, a balanza caeu do lado da SAR. Vitoria importante para a SAR, que inxecta optimismo no equipo para afrontar o próximo partido, no que reciben a outro dos galos da categoría, o Ampate Lanzarote. Mentres o Rodosa Chapela, que baixa ao 3º posto da táboa, xogará no pavillón das Travesas ante o Forbe Reconquista de Vigo, o pechacancelas do grupo

División de Honra Prata Feminino

SAR Rodavigo 29-27 Asmubal Meaño

Terceira vitoria consecutiva do equipo redondelán. Nos dez primeiros minutos o Asmubal foi aguantando no marcador, pero un arreón da SAR permitiu unha vantaxe de catro goles ao equipo redondelán, coa que chegaron ao tempo de descanso, 16-12. O comezo da segunda parte non foi distinta, e mantiveron as distancias ata os últimos cinco minutos, cando o Meaño conseguiu reducir a vantaxe, pero sen chegar a igualar ao Rodavigo. A próxima xornada o equipo viaxará a terras asturianas para baterse nun duelo directo co Balonmán Xixón.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará