Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O antigo edificio dos mestres albergará un museo e a biblioteca municipal

dav

Un dos grandes proxectos nos que traballa o goberno local de Redondela é a rehabilitación integral do vello edificio dos mestres, na avenida Mendiño, que presenta un avanzado estado de deterioro. Sen uso desde hai décadas, a intención do executivo é crear neste espazo un museo etnográfico que poña en valor o patrimonio cultural de Redondela. A alcaldesa, Digna Rivas, destaca a importancia desta obra “demandada desde hai moitos anos por diversos colectivos, que reclaman a creación dun museo que recolla a historia de Redondela”. O inmoble, de planta baixa e dous andares, servirá tamén para acoller a actividade de artistas de diferentes disciplinas cos que conta Redondela. A intención do goberno local é financiar esta obra no marco da Estratexia DUSI, con cargo aos fondos europeos Feder. O edificio poderá deste xeito formar parte do inventario municipal, sendo o último trámite para a súa cesión por parte de Patrimonio a aprobación de cambio de usos que será debatido na próxima sesión plenaria. Rivas explica que, nunha fase posterior, o Concello trasladará tamén a este edificio a Biblioteca Municipal “xa que pola súa situación a carón dos centros de ensino é o lugar idóneo”.

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela

Outra das propostas presentadas polo goberno local aos grupos da oposición consiste en crear un parque de “skate” en Chapela, nos terreos da antiga vía férrea de Chapela que non están incluídos na Senda Verde. Nestes momentos está en trámite o borrador de contrato de arrendamento que inclúe as edificacións da antiga estación e o almacén. O goberno local espera “atopar o apoio do resto de grupos municipais para así poder pechar o programa Redondela 2020 e poder executar a totalidade dos fondos europeos no prazo establecido”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará