Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior celebra un “Confientroido”

EntroidoSoutomaior

A situación sanitaria impide celebrar o Entroido de xeito tradicional, e o Concello de Soutomaior organiza un “Confientroido: un entroido de andar pola casa” para manter “o ánimo e a ilusión”. Haberá obradoiros virtuais de complementos e disfraces e tamén de cociña de Entroido para que os máis larpeiros e larpeiras poidan disfrutar de sobremesas tradicionais e saborosas. Haberá que inscribirse previamente na web do Concello, mañá mércores, día 10, é o último día. Tamén poden inscribirse e participar no Concurso que ten dúas modalidades unha de “Photocall” e outra de “Murgas” na que se pode participar individualmente, por unidades de convivencia ou tamén a través dos centros educativos. Hai tamén unha categoría para disfrazar escaparates dirixida a comercios e establecementos do municipio. Neste concurso os traballos premiados serán seleccionados por votación popular a través da web desde o mércores día 17 ás 14 horas, ata o domingo, día 21, ás 23 horas. O prazo de inscrición en calquera das modalidade remata o mércores 17 de febreiro. Máis información e inscricións na web: https://gabinetesoutomaior.com/index.php/programas-municipais/confientroido

Pazos de Borbén celebra un desfile de Entroido Infantil telemático

O Concello de Pazos de Borbén decidiu que o evento que todos os anos se realizaba no pavillón de deportes, se faga nesta ocasión de xeito telemático, por mor da pandemia. Para participar só hai que mandar unha foto ou vídeo curto, de non máis de 20 segundos, por WhatsApp ao número 630 292 764 ou por correo electrónico ao enderezo concello@pazosdeborbén.org, antes do vindeiro día 15. Como sucedía na celebración do pavillón de deportes, cada participante empadroado recibirá un agasallo acorde á súa idade. Ademais, as fotos e vídeos recibidos serán publicados nas redes sociais do Concello de Pazos de Borbén o día de Entroido. Para recibir máis información os interesados poden dirixirse á Casa do Concello no 986 497 035.

Presentación do Entroido virtual en Pazos de Borbén
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará