Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG demanda desbloquear o saneamento en Cabeiro

SaneamentoCabeiro

O grupo municipal do Boque propón modificar o regulamento municipal “que obriga aos particulares a sufragar as obras de acometida á rede principal”, explica o voceiro nacionalista Xoán Carlos González. Un problema que afecta actualmente aos veciños da parroquia de Cabeiro, onde se está a ampliar a rede de saneamento municipal, pero que no futuro afectará a outras zonas onde se realicen traballos similares. No proxecto das obras na zona sur de Cabeiro, licitadas por 151.000 euros, contemplábanse a conexión de 39 vivendas particulares que, finalmente, non se realizaron. Un cambio amparadono Regulamento Municipal de Saneamento, que obriga aos veciños das vivendas afectadas “a asumir o asuman o custe íntegro das acometidas”. González explica que os veciños comprenden que deben asumir as obras de conexión “dentro das súas propiedades ata o vial municipal”, pero non lles parece lóxico “asumir os 600 euros por acometida cando se realiza nun espazo público, como é o vial municipal”.

Xoán Carlos Gozález, voceiro do BNG

A norma que obriga aos particulares a sufragar ese gasto fo introducida no Regulamento no ano 2014, xunto cos outros cambios, cos únicos votos a favor do PP. Segundo o voceiro nacionalista, “a solución pasa por levar ao Pleno unha modificación do Regulamento de Saneamento, eliminando este apartado, o que suporá un beneficio non só para os veciños e veciñas afectados por estas obras, senón a futuros proxectos de saneamento que se deben realizar polo resto do Concello de Redondela”. Entende que unha infraestrutura de primeira necesidade como o saneamento “non se pode converter nun instrumento recadatorio municipal”, especialmente agora “coa crise económica que está a deixar a pandemia”, sinala González. O edil do BNG ista ao goberno de Digna Rivas a levar ao Pleno a modificación do Regulamento “eliminando a obriga de que os e as particulares costeen as acometidas, para o que vai contar co apoio do BNG”, afirma González.

O BNg demanda modificar o regulamento para eximir do pago da acometida aos veciños
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará