Hoxe é Sábado 12 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela duplica os casos de Covid desde a festividade de Reis

casos-covid-4

Cun total de 113 casos activos a día de hoxe, o Concello de Redondela valores que non se rexistraban desde hai semanas. Os efectos das festas de Nadal, Aninovo e Reis está a deixarse sentir no incremento dos contaxios. En tan só 13 días, desde o 6 de xaneiro ata hoxe, a cifra de contaxiados por Covid no municipio pasou de 54 casos a 113. A incidencia acumulada a 14 días está por riba dos 250 casos po cada 100.000 habitantes, con 387. Unha situación preocupante e que é similar a doutros municipios da área sanitaria de Vigo, onde tan só se salvan deste incremento de casos Fornelos de Montes e Cangas. En Soutomaior a día de hoxe hai 26 casos activos, o que supón unha incidencia acumulada de 352, e destacan as cifras de Pazos de Borbén, que con 22 contaxios acumula unha incidencia de 739 casos por cada 100.000 habitantes. O comité clínico que fai o seguimento da evolución do virus decretou que tamén Vigo e Pontevedra pasan ao nivel máximo de restricións xunto a outros 53 concellos. As máximas restricións, que rexen en Redondela, supoñen que a hostalería só poida servir en terraza ata as 18:00 horas e o peche perimetral individual, co que ninguén pode entrar nin saír do seu municipio excepto por causas xustificadas como sanitarias, laborais ou coidado de maiores e menores.

Novas restriccións

Sanidade tamén decretou a suspensión en Galicia de todas as competicións deportivas federadas de ámbito autónomico. Polo momento mantéñense as de ámbito estatal.

No que ten que ver cos adestramentos, poderanse facer con carácter individual ou en grupos de como máximo catro persoas, e respectando as limitacións de toque de recollida e peches perimetrais que se veñen aplicando. O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, mostrouse partidario de que as comunidades autónomas teñan ferramentas que lles outorguen a “posibilidade” de adecuar o toque de queda, xa sexa con carácter xeral, ou de modo diferenciado, vía “medidas cirúrxicas”, en función de como estea a situación epidemiolóxica en cada municipio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará