Hoxe é Xoves 5 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Sobreira da Peneda, a un paso de converterse en árbore Senlleira de Galicia

corticeira

A peculiaridade desta árbore é ben coñecida en Redondela e municipios limítrofes, pero a súa singularidade está a piques de ser recoñecida oficialmente ao ser incluída no Catálogo de Especies Senlleiras de Galicia, que conta con preto de 130 exemplares.

A Comunidade de Montes do Viso foi a promotora desta iniciativa que agora chega a súa fase final coa exposición pública. Os comuneiros agardan que o proxecto reciba o visto e prace da Xunta e que a corticeira da Peneda, un exemplar con máis de catrocentos anos, se converta nunha das árbores galegas que polas súas características extraordinarias pase a ser considerada reliquia botánica obxecto de respecto veciñal e con valor científico, cultural didáctico, paisaxístico ou ornamental.

Xosé Covelo, secretario CMVMC de O Viso

Unha distinción, como árbore Senlleira, que supón incrementar a súa protección contra posibles riscos e ameazas, garantindo a súa conservación. Ameazas como a que sufría en xaneiro de 2020 o exemplar redondelán, cando alguén cunha motoserra cortaba un anaco da súa cortiza. Calquera agresión deste tipo será sancionada, de conseguir a distinción, como explica o secretario da CMVMC de O Viso, Xosé Covelo.

Protección da corticeira

Unha catalogación na que se ten en conta as características do propio exemplar como o grosor, altura, perímetro do troco ou o diámetro da copa, así como a idade. Tamén se valora a rareza do exemplar na bisbarra, a súa beleza, o lugar onde se atopa, ademais de criterios históricos ou culturais.

Criterios que se valoran

A súa introdución no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia non só suporía máis protección para a corticeira da Peneda senón o primeiro paso para proxectos máis ambiciosos que supuxesen a recuperación da zona e a súa posta en valor.

A pandemia non paraliza á CMVMC de O Viso

A pandemia reduciu pero non paralizou a actividade dos comuneiros do Viso, que malia verse na obriga de suspender actividades xa habituais na axenda como o Día da Árbore, ou as visitas dos cativos ao monte por mor das restricións sanitarias, continúan traballando en grupos reducidos nas 140 hectáreas de terreo coas que conta. Labores de limpeza, roza e repoboación dos seus terreos, son algunhas das actuacións que están a realizar e que continuarán neste 2021. A última das actuacións centrouse no monte do Espiño, coa plantación de castiñeiros, bidueiros e érbedos nunha das zonas que fora arrasa polos incendios de 2016.

Proxectos da CMVMC de O Viso para 2021

Compaxinan estes traballos de mantemento con outros proxectos para darlle valor engadido ao monte, como a inscrición no rexistro de proxectos de absorción de dióxido de carbono do Ministerio de Transición Ecolóxica de catro hectáreas e media de terreo que foron rexeneradas logo dos lumes de hai cinco anos. Así, poñen a disposición de entidades, administracións ou empresas a posibilidade de mitigar o carbono que producen coa súa actividade e compensalo apoiando economicamente o repoboación do monte e ao seu coidado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará